ESCOLA DE FAMILIAS.
Que é a Escola de Familias?
A nosa Escola de Familias é un espazo pensado para acompañar ás nais e pais na tarefa de criar e educar aos seus fillos e fillas. Non se trata de dar receitas ou indicar “o que hai que facer”, senón de ofrecer coñecemento, ferramentas e reflexión para afrontar os retos da crianza con confianza e empatía.
Neste espazo, cada familia pode:
- Compartir experiencias e sentir que non está soa nos desafíos do día a día.
- Aprender sobre desenvolvemento infantil, emocións e educación afectiva.
- Coñecer estratexias prácticas para acompañar aos peques nos distintos momentos da súa vida.
- Reflexionar sobre a súa propia forma de relacionarse cos fillos e fillas, co obxectivo de mellorar a comunicación e a convivencia.
Na nosa Escola de Familias fomentamos unha mirada respectuosa, baseada no diálogo, a comprensión e o acompañamento emocional. Cada sesión combina teoría, exemplos prácticos e espazos para a participación e reflexión, facendo que saíades con recursos útiles para aplicar no día a día.